Gambas brancas
As gambas son uns crustáceos mariños de corpo alongado similar ao langostino pero de menor tamaño. A súa carne é branca, compacta e moi saborosa, o que a convirte nun dos mariscos máis populares e apreciados na mesa. O tamaño medio é duns 10 cm. de lonxitude, anque algúns exemplares alcanzan os 16 cm. Habitan tanto no mar Mediterráneo como en ambas costas do océano Atlántico. As gambas posúen un alto valor nutritivo xa que aportan unha cantidade considerable de proteínas de calidade (21 g/100 g) e o seu contido graxo e baixo (1,30 g/100 g), anque o de colesterol e de purinas son relativamente altos. Tamén destaca o seu aporte de minerais coma o fósforo, o iodo e o sodio. Para cocer este marisco é preciso empregar abundante auga e un pouco sal, botándoas cando esta ferva e retirándoas do lume ó segundo fervor para que repousen e terminen de coiñarse en 8 minutos.
Precio 12,71 €
PVP 15,00 €
 Engada a cesta da compra